Este libro conta a historia real dun neno louro e da súa familia na Libia de Gadafi e a Siria de Hafez el Asad.
De pai sirio e nai francesa, Sattouf naceu en París en 1978, pero pasou os primeiros anos da súa infancia entre Francia, Libia e Siria. O pai, un profesor universitario apaixonado pola política, quixo que o seu fillo fose ao colexio en Siria para converterse nun árabe educado e moderno, en no "árabe do futuro".
A evocación das andanzas do pequeno Riad, un neno de melena loura longa e ollos agudos, ofrece un relato familiar íntimo e entrañable, marcado polos contrastes e as contradicións, así como un incisivo panorama da vida cotiá baixo dúas ditaduras, a Libia de Gadafi e a Siria de Hafez el Asad.
A través da mirada do neno, cándida pero severa, El árabe del futuro" permítenos revivir o día a día naquelas utopías rexidas entre o absurdo e a crueldade, e marcadas polas singularidades da cultura islámica.
Premio mellor obra no Festival de Angulema de 2015.
Premio RTL mellor cómic do ano 2014
Premio da revista GQ ao mellor autor do ano.