Francisca Herrera y Garrido : obra en galego / edición de Camiño Noia Campos ; coa colaboración de Antía Monteagudo Alonso e Manuel Vilaboa Cebreiro
por Herrera Garrido, Francisca (1869-1950) [autor/a]; Monteagudo Alonso, Antía [editor/a literario]; Noia Campos, María Camiño (1945- ) [editor/a literario]; Vilaboa Cebreiro, Manuel [editor/a literario].
Tipo: LibroEditor: [Gijón] : Layren , 2024 Edición: 1ª ed., setembro 2024.Descrición: 1006 p. : ilustracións ; 25 cm.ISBN: 9788409643974.Materia(s): Herrera Garrido, Francisca (1869-1950) -- Crítica e interpretación | Herrera Garrido, Francisca (1869-1950) -- BiografíasResumo: Francisca Herrera y Garrido (A Coruña 1869–1950), a filla menor dunha familia da burguesía acomodada da Coruña, foi unha escritora romántica en galego e castelán. Lectora de Rosalía de Castro desde os doce anos, admirouna durante toda a vida. Os seus primeiros libros son de poesía. A partir de 1916 continúa publicando composicións poéticas en revistas e xornais galegos e da emigración. E no ano 1920 publica a súa primeira novela en galego, Néveda, a primeira escrita por unha muller, moi valorada por Murguía e Vicente Risco. En 1922 saca a novela curta A y‑alma de Mingos na Editorial Céltiga de Ferrol e Pepiña, a primeira novela en castelán. En 1925 publica a novela curta Martes d’antroido na Editorial Lar da Coruña e a estas obras de narrativa engade a publicación de Reproba en 1926 e Familia de lobos en 1928. O esforzo admirable de escribir en galego no primeiro terzo do século XX só se afronta cun fondo convencemento do que se fai.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Pedra da Aguia Sala préstamo | 869P OBR her | Dispoñible | CED068000009177 |
|
Francisca Herrera y Garrido (A Coruña 1869–1950), a filla menor dunha familia da burguesía acomodada da Coruña, foi unha escritora romántica en galego e castelán. Lectora de Rosalía de Castro desde os doce anos, admirouna durante toda a vida.
Os seus primeiros libros son de poesía. A partir de 1916 continúa publicando composicións poéticas en revistas e xornais galegos e da emigración. E no ano 1920 publica a súa primeira novela en galego, Néveda, a primeira escrita por unha muller, moi valorada por Murguía e Vicente Risco. En 1922 saca a novela curta A y‑alma de Mingos na Editorial Céltiga de Ferrol e Pepiña, a primeira novela en castelán. En 1925 publica a novela curta Martes d’antroido na Editorial Lar da Coruña e a estas obras de narrativa engade a publicación de Reproba en 1926 e Familia de lobos en 1928.
O esforzo admirable de escribir en galego no primeiro terzo do século XX só se afronta cun fondo convencemento do que se fai.