Normal view MARC view ISBD view

Aldara : A lenda do cervo branco / Inés Vázquez

by VaÌzquez, IneÌs; Vázquez, Inés (1993- ) [Author].
Type: materialTypeLabelBookPublisher: A Coruña : Demo , 2021 Edition: 1ª ed.Description: 144 p. : principalmente il. cor ; 24 cm.ISBN: 9788412249170.Subject(s): Banda deseñada -- Século XXI -- Galicia | Lendas | Aventuras | Os AncaresOnline resources: Click here to access online Abstract: Aldara é unha rapaza á que, ademais de pesárenlle todas as tarefas diarias que unha moza tiña que facer na casa e fóra dela naquela época, atormenta unha desgraza familiar acontecida no pasado recente. As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido dende hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vai quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares. Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas aprezarán na súa xusta medida.
    average rating: 0.0 (0 votes)
Item type Current location Call number Copy number Status Notes Date due Barcode Item data
Prestable IES Pedra da Aguia
Sala préstamo
791C VAZ ald Available CED068000008470

Apoiada por unha técnica no debuxo e na cor á altura da mellor bd europea do momento Inés Vázquez constrúe unha historia orientada cara o público xuvenil –pero moi recomendable tamén para o adulto- na que mostra a vida e costumes dun grupo de rapaces do rural galego da primeira metade do século XX, cousas que ela, pola súa xuventude, coñeceu a través da súa nai e da súa avoa. É algo ben valioso porque todas as lectoras e lectores novos de agora descubrirán moitos detalles da vida de entón por medio desta lectura malia que, como podedes imaxinar polo título da obra, estamos a falar dunha aventura moito máis ambiciosa.

Aldara é unha rapaza á que, ademais de pesárenlle todas as tarefas diarias que unha moza tiña que facer na casa e fóra dela naquela época, atormenta unha desgraza familiar acontecida no pasado recente. As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido dende hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vai quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares.

Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas aprezarán na súa xusta medida.

1º-2º ESO

Powered by Koha