S-t : (sen terra) Emma Pedreira
por Pedreira, Emma 1978- [autor/a]
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Pedra da Aguia Sala préstamo | 869P PED s/t | 1 | Dispoñible | CED068000007104 |
|
III Premio de Poesía Gonzalo López Abente
Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio. Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado título leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas físicas da infancia nese lugar que xa non será posible se non é a través da palabra e da memoria deformadas pola brétema dos días. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raíz, a transición e o transplante, o medrar no dislocado, desposuído xa, sendo o poema a única pegada que ficará despois de que as desaparicións sexan totais e non haxa máis forma de sobrevivir que o intanxible.
3º-4º ESO
1º-2º BAC