Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Tastarasbás :Enciclopedia de brinquedos tradicionais / Antón Cortizas

por Cortizas, Antón; Cortizas Amado, Antón.
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Vigo :XERAIS ,2013 Edición: tela.Descrición: 1076 p. :il. col. ;28cm.ISBN: 9788499144863.Materia(s): Xogos | Xogos populares | Tradicións | Galicia | BrinquedosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Pedra da Aguia
Sala préstamo
03 COR tas 1 Dispoñible CED068000005245

Froito de dez anos de traballo, velaquí temos "Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza". Nesta obra, o autor, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradición cultural lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construcción, as súas variantes, os lugares de recollida das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros. ANTÓN CORTIZAS é mestre de profesión e autor de varios dos máis importantes títulos da literatura infantil e xuvenil galega. Recibíu varios premios como o de teatro infantil XERACIÓN NÓS e o MERLÍN no ano 2001, entre outros. Con "Trastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza" continúa o labor de investigación que xa comezara hai doce anos con "Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares"

Coa tecnoloxía Koha