As aventuras de Said e Sheila / Ramón Caride
by
Caride Ogando, Ramón [Author]
; Prado, Miguelanxo [Illustrator]
.
Type: ![materialTypeLabel](/opac-tmpl/lib/famfamfam/BK.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Pedra da Aguia Sala préstamo | N-869 CAR as | 1 | Available | CED068000001805 |
|
Indice
Xuvenil: 12 a 14 anos
Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, viven nas páxinas deste volume as súas máis sorprendentes e arriscadas aventuras. Saben que o futuro non é algo inevitable, senón algo por construír, que temos que facer entre todos. E así o demostran en cada unha das súas aventuras viaxando do futuro ao pasado, e desprazándose no seu transportador por todo o planeta, dende a Antártida a Grecia, dende Suíza á Arxentina, dende Brasil á parroquia de Loreda, a aldeíña galega onde viven conectados ao mundo co seu ordenador, pacifistas, solidarios, defensores da xustiza e do medio ambiente, coa axuda da súa panda de amigos e amigas, saberán enfrontar con optimismo a aqueles que pretenden facerse donos do planeta.
Todo o alento das mellores narracións de aventura e ciencia ficción, na primeira serie de personaxes da literatura galega dirixida a lectores adolescentes que Ramón Caride Ogando iniciou con Perigo vexetal, a novela gañadora do Premio Merlín na súa edición do ano 1995. Dende aquela, Caride e o ilustrador Miguelanxo Prado uniron os seus xenios creativos para ofrecer unha serie coidadísima que, ata agora, se completou con tres novas entregas, publicadas todas elas na colección Xerias Merlín: Ameaza na Antártida, O futuro roubado e o conto A primeira aventura de Said e Sheila, incluído no volume colectivo Historias para calquera lugar. Xerais ofrece agora nun único volume, encadernado en cartoné, o conxunto da serie para disfrute dos milleiros de seguidores de Said e Sheila, os irmásn ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor.
3º-4º ESO