Vázquez Freire, Miguel

Anxos en tempos de chuvia / Miguel Vázquez Freire - [1ª ed.] - Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,1997 - 216 p ;21cm - Fóra de xogo ;22 .

Lista de Honra do IBBY, 2000

Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas..., ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.

3º-4º ESO

8483021935


Adolescentes
Drogas
Realismo
Morte
Accidentes


intriga

869.9-3"19"

Coa tecnoloxía Koha