Gaarder, Jostein

A Terra de Anna : Unha historia sobre o cambio climático / Jostein Gaarder - Pontevedra : Kalandraka , 2017 - 159 p. ; 21 cm

O día do seu cumpreanos, Anna recibe como agasallo
un vello anel cun rubí. A partir de aí -como a Casandrado mito grego- a rapaza comeza a ter soños premonitorios.
Unha noite é transportada desde a súa idílica cabana na montaña norueguesa ata o mundo desolado e agonizante no que vivea súa bisneta Nova, en 2082: o mar incrementara moitos metros
o seu nivel e o planeta perdera a maior parte da súa riqueza,o deserto avanzara por todos os continentes, destruíranse numerosos ecosistemas e miles de especies de plantas e animais extinguíranse ou estaban en vías de desaparición. Ao espertar dese pesadelo, Anna e o seu amigo Jonas, xunto co doutor Benjamin, tentarán advertir a humanidade do perigo para evitar
a catástrofe natural: o abuso do petróleo, a emisión descontrolada de CO2 á atmosfera, a deforestación das superficies arboradas son moitas as ameazas reais e pouco o tempo para invertira tendencia destrutiva que aboque a un escenario tan apocalíptico. O antigo anel que lle entregaran polo seu aniversario resultará ter máis importancia do que parecía.

1º-2º ESO 3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788416721146


Cambio climático
Ecoloxía
Medio ambiente

N-82 82-3

Coa tecnoloxía Koha